En marcha a nova Lei de aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia

2 minutes read

Galicia conta desde este luns cun completo marco normativo no referente ao regulamento de usos das augas termais, grazas á entrada en vigor da Lei 8/2019 do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia. Trátase dunha norma pioneira en España que permitirá impulsar na Comunidade un crecemento ordenado e seguro do sector.

Os obxectivos da lei son velar pola salubridade e hixiene dos aproveitamentos lúdicos das augas termais; garantir a sustentabilidade ambiental das augas termais para evitar a degradación da súa calidade e a redución do seu caudal; protexer a súa integridade como recurso natural, patrimonial, cultural, turístico e lúdico; e promover o desenvolvemento económico e social das poboacións onde xorden estas augas.

Entre os aspectos máis relevantes da normativa -na que se fixa como condición previa que as augas conten coa declaración de termais- están: a regulación dos casos de compatibilidade dos novos aproveitamentos lúdicos cos establecementos balnearios e os seus perímetros de protección; o establecemento do procedemento para obter autorizacións administrativas renovables cada 10 anos para as persoas ou entidades privadas e concesións de 30 anos prorrogables ata 75 no caso de entidades públicas; a esixencia da garantía financeira, seguro de responsabilidade civil, un plan de aproveitamento de carácter cuadrienal e a restitución da situación ao estado orixinal tras a finalización do aproveitamento; marca as condicións de accesibilidade, seguridade e hixiénico sanitarias das instalacións; ademais dun réxime de inspección e sancións con multas de entre 300 e 90.000 euros. En canto ao espazos que se atopen actualmente en funcionamento contarán cun prazo máximo de 12 meses para regularizar a súa situación. Preténdese protexer este recurso e garantir a salubridade e seguridade das instalacións aos usuarios.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?