- A empresa Arias Infraestructuras continúa traballando na zona urbana e Vázquez y Reino empezou en Artes
O concelleiro de Obras e Servizos en Carballo, Luis Lamas, realizou un percorrido polo territorio para facer un seguimento das obras de mellora viaria que están en marcha nestes momentos. As boas condicións meteorolóxicas permitiron iniciar dous proxectos de pavimentación de vías, tanto no ámbito urbano coma no rural, que son executados polas empresas Arias Infraestructuras e Vázquez y Reino, respectivamente. En total pavimentaranse máis de 40 quilómetros de pistas e rúas.
As actuacións nas vías urbanas desenvólvense nas parroquias de Carballo e Bértoa e contan cun orzamento de 202.902 euros. Procederase á limpeza de gabias e á pavimentación con aglomerado ou asfalto das vías Juan Montes, Faustino Santalices, L’Isle Jourdain, Fernando Camarot, Manuel de Falla, Faustino del Río, Xosé Manuel Eirís, Orquídea, Xeranios, Enrique Labarta Pose, Otero Pedrayo, Antón Fraguas, Bolivia, Reveriano Soutullo, Nardos, Pensamentos, Carré Aldao, Rosas, Caravel, Andrés Gaos, Escultor Asorey, Alfonso X O Sabio, Médico Justo Martínez, Ricardo Portela e Doutor Fleming.
Na zona rural actuarase nas parroquias de Ardaña, Sofán, Razo, Carballo, Bértoa, Lema, Rus, Artes e Berdillo. As intervencións, valoradas en 463.791 euros, serán similares e realizaranse en Vivente (Ardaña), Calvelo de Arriba (Sofán), A Fronteira-Calvelo (Sofán), Rúa Neptuno (Razo), A Barreira-Cernide (Carballo), O Sisto (Carballo), Leboreo (Bértoa), As Regueiras (Lema), Guntián-As Bouzas (Sofán), O Seixo-Pardiñas (Razo e Lema), Cambrelle-Pardiñas (Razo e Lema), Porto Lago (Bértoa), Caxín (Rus), O Espiño-Berdillo (Berdillo), Calvelo-Cornaces (Sofán e Rus), Altiboa-Barbalde (Artes e Rus), Cáparos-San Sadurniño (Rus) e Cadavoso (Artes), onde están traballando agora mesmo.