47
Estos traballos realízanse de forma periódica na estrada provincial DP 1702 de Cambre á Rocha para garantir a seguridade do tráfico, evitando que as pólas das árbores non reduzan a visibilidade ou molesten os peóns.
A poda e saneamento das árbores realízase nuns 130 exemplares dos 157 que bordean a estrada nun tramo duns tres quilómetros de lonxitude. Os traballos teñen unha duración de un mes e requiren corte de tráfico dun dos carrís do vial, o que se coordina co Concello de Cambre para garantir a seguridade do tráfico e dos operarios que están a afectuar os traballos.