A Asociación Vieiro continúa coa súa programación no ámbito escolar a través da implementación do programa “Creando saúde” en todos os C.E.I.P.s de Carballo. A poboación diana á que está dirixido “Creando saúde” é o alumnado de 5º e 6º de Primaria. Os tres bloques dos que se compón este programa son:
1.- Constrúe
O obxectivo principal, é proporcionar ao alumnado as habilidades necesarias para o desenvolvemento da súa vida diaria. Consta de 4 sesións
2.- Ti elixes
O seu fin esfacilitar información aos alumnos/as sobre as distintas substancias adictivas ás que poden ter acceso. Está composto por 2 sesións
3.– Des-conecta:
A súa finalidade é dotar de coñecementos básicos ao alumnado para a utilización das novas tecnoloxías dun modo saudable e responsable
Inclúe 3 sesións
O programa “Creando Saúde” levarase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2022-2023. As sesións teñen unha periodicidade semanal e unha duración aproximada de 55 minutos cada unha.
Este programa é impartido polas profesionais da Asociación Vieiro: IRIA VILLAR CANCELA (educadora social), DALILA VIZCAÍNO REGUEIRA (pedagoga), LARA PERISCAL RODRIGUEZ (Psicóloga) e FANY GESTO MALLO (Psicóloga).
A entidade quere transmitir un curso máis o agradecemento pola gran acollida, a excelente disposición e facilidades dadas polos equipos directivos e claustros de profesores/as dos centros para poder levar a cabo este programa.