En marcha a renovación da superficie de rodadura no núcleo de Lestón, preto de Paiosaco

O Concello ten en fase de execución o proxecto de mellora da estrada no núcleo do Cruceiro da parroquia de Lestón, situado moi próximo á vila de Paiosaco.

As actuacións están a ser desenvolvidas pola empresa Construcciones Ponciano Nieto S.L. Trala limpeza das cunetas, a fase actual das obras céntrase na extensión do aglomerado asfáltico co que se renova a superficie de rodadura para facilitar o tránsito dos vehículos. Os traballos completaranse nos próximos días coa sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade viaria.

O orzamento ascende a 48.000 euros a cofinaciar coa Deputación da Coruña ao estar incluída a intervención no Plan Único Concellos.

Related posts

Este domingo terá lugar en Cee o acto de clausura da XII Edición do programa O Mes da Fundación

O Concello da Laracha mellorará a eficiencia enerxética do Centro Sociocultural da Insua de Caión

O pavillón de Baio e as súas instalacións, pechan por obras na cuberta do 27 de outubro ao 5 de novembro