O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) autorizou a adxudicación dos traballos de restauración forestal de emerxencia na área afectada polo incendio da Serra da Culebra (Zamora), o de maior superficie queimada da historia de Castela e León, e un dos máis grandes da historia de España. Así, a zona queimada comprende 24.737,95 hectáreas zonas de alto valor ecolóxico e 15.114,88 hectáreas delas de superficie forestal arborizada. O lume afectou a importantes enclaves da Rede Natura 2000, como son as Zonas de Especial Conservación das Lagoas de Tera e Vidríales, a Serra da Culebra, a Ribeiras do Río Aliste e afluentes e as Ribeiras do Río Tera e afluentes. Tamén se viron danados 15 hábitats de interese comunitario diferentes, dos cales 3 son considerados como prioritarios. Doutra banda, tamén se viron afectadas 16.853 ha dentro da Reserva Rexional de Caza da Serra da Culebra, de gran importancia económica para a zona.
50