39
A Xunta de Galicia pon en marcha a undécima edición deste concurso que dá comezo co San Valentín. Un concurso de declaracións de amor en galego para dinamizar o seu uso entre a mocidade, nas súas relacións persoais e en internet. O certame está dividido en tres categorías, dúas delas para web e unha exclusiva para Instagram. As mensaxes presentadas en todas as modalidades deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A listaxe cos nomes das persoas gañadoras e finalistas nas tres categorías publicarase o 12 de abril.