En marcha a volta ciclista de «O Gran Camiño»

Este xoves deu comezo a etepa inicial da volta ciclista O Gran Camiño co percorrido Porriño-Vigo, onde o ciclista danés Magnus Cort foi o primeiro corredor en cruzar a meta viguesa. Cort logrou unha pequena vantaxe antes da meta que soubo manter nos instantes finais por diante de Giovanni Lonardi (Eolo) e de Alejandro Valverde (Movistar). Os tres repartíronse as bonificacións de 10, 6 e 4 segundos respectivamente.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, entregou a Magnus Cort Nielsen o maillot amarelo como líder da clasificación xeral da proba, que atravesou varios tramos do Camiño Portugués.

A Xunta apoia esta celebración na que se promoverá a marca Galicia como destino seguro e o Xacobeo 21-22 polo seu impacto para dar a coñecer os recursos turísticos da comunidade e o Camiño de Santiago co obxectivo de atraer a turistas e peregrinos de todo o mundo neste Ano Santo. A proba atravesa as catro provincias e percorre distintos tramos do Camiño de Santiago.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha