En marcha actuacións de limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos de Santa Comba

1 minutes read

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos nos ríos Xallas, García, Guisande e en dous tramos do río Abuín ao seu paso polo concello de Santa Comba.

Estas intervencións estanse a desenvolver nos percorridos destes catro ríos, ao seu paso por distintas parroquias deste municipio.

As actuacións desenvólvense en treitos que suman unha lonxitude total que supera os 18,6 quilómetros.

As tarefas céntranse na retirada de árbores e pólas caídas na canle, así como madeira morta para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial Galicia-centro e as súas zonas de acceso e protección.

Os traballos contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?