En marcha as novas Escolas de Familia de Vieiro


Esta semana deron comezo tres novas Escolas de Familia que a Asociación Vieiro destina a pais, nais e/ou titores legais de forma gratuíta:

Escola de Familia no Colexio Fogar: Luns de 09:30 a 11:00. Escola de Familia en casa dá Xuventude: Martes de 16:15 a 17:45. Escola de Familia en casa dá Xuventude: Venres de 19:30 a 21:00.

Xunto con estas novas escolas, están en funcionamento desde o mes de Novembro:

Escola de Familia no Centro Social de Ramil (Rus): Martes de 19:30 a 21:00.

Escola de Familia no Colexio Bergantiños: Mércores de 16:00 a 17:15.

A duración do curso será ata o mes de maio, con clases presenciais de hora e media de duración.

Entre os contidos do curso figuran: comunicación e afecto – autoestima- xestión de emocións – promoción da responsabilidade nos fillos/as – resolución de confitos – disciplina positiva – etapas evolutivas – coeducación – técnicas de modificación de conduta – sexualidade – adiccións – técnicas de estudo – trastornos infanto-xuvenís.

Se está interesado/a en participar nalgunha destas escolas, pode anotarse presencialmente na Asociación Vieiro, a través do teléfono 981756161 ou por correo electrónico en vieiro@vieiro.org.