En marcha as obras de humanización da rúa larachesa José manuel Ferreira Penedo

1 minutes read

O edil de Obras Públicas, Pablo Cambón, e a concelleira Almudena Martínez, mantiveron unha reunión cos responsables da empresa que está a executar o proxecto, Construcciones Mantido S.L., para interesarse polo desenvolvemento das primeiras actuacións.

Ao tratarse dunha rúa eminentemente residencial, priorizarase aos peóns sobre o tránsito rodado. Para iso contémplase a ampliación das beirarrúas a ambos lados da calzada, o aumento da seguridade viaria co marcado de pasos para peóns -un deles, elevado- e o establecemento do sentido único da circulación, o que permitirá habilitar máis aparcamentos -con prazas sinalizadas para vehículos de persoas con mobilidade reducida- e crear áreas de descanso con mobiliario urbano.

Esta intervención deseñada polo Concello dará continuidade a outros proxectos de similares características realizados nos últimos anos en varias rúas da capital municipal da Laracha próximas á que será obxecto desta intervención, tales como Epifanio Campo, Silverio Moreda, David Mallo, Coruña, Lugo, Pontevedra e Suíza, entre outras.

O proxecto está valorado en 100.000 euros e é cofinanciado entre o Concello e a Deputación da Coruña.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?