En marcha as obras de mellora da estrada en Samiro, na parroquia larachesa de Vilaño

1 minutes read

O Concello da Laracha ten en fase de execución a mellora da superficie de rodadura da calzada que comunica Vista Alegre con Samiro, na parroquia de Vilaño. A intervención afecta a unha lonxitude lineal de aproximadamente 2.200 metros cunha anchura media ao longo do percorrido da estrada de catro metros.

Esta é soamente unha das moitas actuacións de mellora da rede viaria que o Concello ten adxudicadas e pendentes de executar, o que se explica polas dificultades das empresas contratistas para poder levalas a cabo ante a falta de traballadores cualificados para asumilas.

Para comprender a magnitude das obras nas estradas municipais da Laracha adxudicadas, basta con citar o orzamento conxunto que suman entre todas e que ascende a case 1,2 millóns de euros, con actuacións previstas en once parroquias.

En Vilaño, ademais da que está en execución entre Vista Alegre e Samiro, intervirase na estrada que comunica A Botica con O Pino e as dos núcleos de Os Meáns e O Formigueiro.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?