En marcha as obras de mellora do firme na avenida Canido e na rúa Boa Vista, en Malpica

0 minutes read
  • O goberno local incide en que estas actuacións servirán para “incrementar a seguridade viaria en ambas vías»

O Concello de Malpica comeza este xoves os traballos de mellora na capa de rodadura e sinalización horizontal na avenida Canido e na rúa Boa Vista, que contarán cun importe de 27.225 euros. Obras que, segundo afirman desde o goberno local, servirán para “incrementar a seguridade viaria en ambas vías»

Nas tarefas previas, limparanse as cunetas nos espazos de tránsito, realizarase o bacheo pertinente e aumentarase a profundidade das arquetas, tapas, sumidoiros e outros elementos das redes no pavimento.