En marcha as obras de renovación do pavimento entre Paiosaco e o lugar de Lestón

0 minutes read

As obras de mellora da rede viaria na parroquia de Lestón promovidas polo Concello da Laracha xa están moi avanzadas.

A actuación consiste na renovación do pavimento entre o núcleo urbano de Paiosaco, desde a rúa Feal, ata o lugar de Lestón. Estase a dotar á estrada, duns novecentos metros de lonxitude, cunha nova capa de aglomerado e sumando á plataforma os sobreanchos existentes. Tamén se contempla a mellora da drenaxe das augas pluviais. Os traballos completaranse co pintado das marcas viarias das marxes da calzada para aumentar a seguridade.

O proxecto está valorado en 92.000 euros.