En marcha as obras do proxecto de mellora dos accesos á praia de Caión

1 minutes read

O proxecto inclúe tanto a mellora dos itinerarios para viandantes como do ámbito de circulación dos vehículos. A plataforma da calzada será ampliada para poder dispoñer de dous carrís diferenciados, un por cada sentido de circulación. Deste xeito facilitaranse as comunicacións tanto en dirección de entrada ao areal como de saída, evitándose desviar o tráfico polo núcleo de A Pedreira en temporada alta e, por tanto, resolvendo as molestias que iso supoñía para a veciñanza desa zona. Tamén se contempla a sinalización horizontal e vertical para reforzar a seguridade viaria en todo o ámbito.

Ademais, crearase un espazo peonil de 250 metros de lonxitude que conectará coa beirarrúa existente na Avenida da Laracha, dándolle continuidade ata a praia, o que suporá unha mellora substancial dos accesos a pé.

O proxecto está valorado en máis de 75.000 euros.