En marcha en Malpica unha campaña de castración e implantación de microchip para gatos

O Concello de Malpica, en colaboración coa asociación Malpica Felina, pon en marcha unha campaña de castración e implantación de microchip para gatos. Lembramos que a castración e o chip son obrigatorios por Lei e que non cumprilo pode supoñer sancións. As persoas interesadas poden facer a súa inscrición no Concello de Malpica, tanto de forma presencial como por vía telefónica. «Coidemos dos nosos animais e cumpramos coa normativa», coinciden en subliñar ambas entidades.

Related posts

A Laracha aproba en Pleno a renovación da composición do comité de irmandamento con Les Sables d´Olonne

O PSdeG anuncia que levará ao Parlamento galego as demandas das ANPAs de Bergantiños

A RAG concede o I Premio ‘Na lingua que eu Falo’ ao CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños