En marcha no CHUAC unha nova unidade de ensaios clínicos

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou o hospital universitario da Coruña, con motivo da posta en marcha no Chuac dunha nova unidade de ensaios clínicos, que permitirá avaliar a efectividade de novos fármacos. “Esta unidade representa un punto de inflexión no marco da investigación sanitaria”, -dixo o conselleiro-, quen, ademais, agradeceu o traballo e o esforzo de cada un dos implicados na súa posta en marcha. Agradeceu especialmente o traballo do servizo de Oncoloxía Médica do hospital coruñés, “pola súa ampla experiencia no desenvolvemento de estudos clínicos”. Ao respecto sinalou que “contan con máis de 160 ensaios clínicos activos”, que amplían a información dispoñible en terapias dirixidas ou inmunoterapia en distintos tumores sólidos, ademais de achegar coñecemento sobre novos mecanismos de resistencia primaria adquirida.