En marcha o 36º torneo ‘Concello da Laracha’ de peñas de fútbol

1 minutes read

Son 6 as peñas participantes no torneo “Concello da Laracha” de peñas de fútbol.

O sistema de competición é por eliminatorias a un único encontro a disputar nos campos municipais da Laracha e de Paiosaco.

Na rolda previa quedaron emparellados San Ramón C.F. e San Román de Veteranos, que xogaron o pasado sábado no campo municipal da Laracha, cun resultado de 5-1 a favor do San Ramón. O outro partido: Sporting Bértoa  contra Canteras el Pozo suspendiuse por non poder disputalo Canteras el Pozo, pasando directamente a semifinais o Sporting Bértoa.

As semifinais disputaranse este sábado 8 de xullo, cos seguintes encontros:

  • 10:00 h: San Ramón C.F.– Peña Paiosaco – Campo municipal da Laracha
  • 20:00 h: Sporting Bértoa – Veteranos Soandres – Campo municipal de Paiosaco

O sábado 15  de xullo xogaranse a final (20:00 h) e o partido polo terceiro posto (18:00 h) no campo municipal da Laracha.

En todos os casos a entrada para o público é gratuíta.

San Román veteranos.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?