En marcha o cuarto obradoiro ‘Vía Künig’ | En Becerreá, Baralla e As Nogais

1 minutes read

As persoas participantes nesta cuarta edición do obradoiro de emprego Vía Künig recibirán formación teórica e práctica especializada e levarán a cabo obras e servizos públicos nos respectivos concellos. Así, está previsto executar cadansúas sendas peonís paralelas á estrada N-VI en Becerreá -entre a localidade e O Cereixal – e nas Nogais – localizada na Ferrería -; así como ampliar o centro sociocultural de Baralla para habilitar un punto de atención aos peregrinos. Ao rematar, os alumnos e alumnas recibirán un certificado de profesionalidade con validez en toda España. Ademais, o obradoiro dual Vía Künig inclúe incentivos á contratación para catro dos participantes, que terán a oportunidade de traballar como mínimo outros tres meses máis nunha empresa da zona relacionada coas actividades aprendidas.