En marcha o curso de márketing para emprendedores do Coworking Carballo

1 minutes read
  • A actividade, de balde, realizarase na aula de informática do Fórum Carballo

Este xoves iniciouse na aula de informática do Fórum Carballo o curso de márketing para emprendedores a través do Coworking Carballo. Promovido pola Concellería de Promoción Económica e impartido pola empresa A Meiga, continuará durante os días 28 e 31 de maio e 1 de xuño.

Á sesión inaugural asistiu a responsable da Oficina de Promoción Económica, Paula Lema, que, ademais de dar a benvida ao alumnado á primeira formación presencial deste ano tamén aproveitou a ocasión para animar aos asistentes a «apostar polo emprendemento e o autoemprego para consolidar os seus proxectos ou ideas de negocio».