En marcha o MercaeDillo do CCA Carballo


O CCA Carballo celebra a cuarta edición do MercaeDillo, que este ano terá catro días de duración, desde o xoves 26 ao domingo 29. Participan na actividade 31 comercios dos sectores máis variados: Akira, Dequip, D&A Complementos, Zocas, Moda Suárez, Benetton, Zapatillería Isabel, Atelier, Confecciones San Juan, Comercial Queijo, Style, Cenor Carballo, Retoños, DV Carballo, Jorge Moda, Ekate, Poppy, Calzados Susa, Zapatería Esther, Óptica Enríquez, Teirón, Lencería Mª José, Buy&Sell, A Fragua, Doces Soños, Bambalina, Xoguetería Merliño, Charanga, O barco dos soños, Informática Valem e Teirón.

Promo MercaeDillo.

Aínda que o máis numeroso é o sector de moda (téxtil, deporte, calzado, complementos,…), tamén podemos atopar xoguetes, electrodomésticos, tecnoloxía, óptica, colchóns… Os descontos acadan nalgúns casos o 70 % en artigos de máxima calidade, como ofrece a diario o comercio local carballés. 

Esta cita comercial organizada polo CCA coincide tamén, do 27 ao 29, coa feira do vehículo de ocasión, Berocasión. Ademáis por se fose pouco, o domingo haberá feirón, coa mellor oferta de produtos da horta de proximidade na Praza do Concello e postos de téxtil e calzado, principalmente, na Milagrosa.