O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou o Hospital de Monforte, con motivo da posta en marcha do novo laboratorio de análises clínicas e de bioquímica, que se puido reformar ao trasladar provisionalmente a actividade do laboratorio ao espazo que deixou libre o antigo hospital de día. No acto, o titular da carteira sanitaria tamén deu a coñecer outra das melloras que se vai levar a cabo neste hospital, a nova área de laboratorio de microbioloxía, que se fará nun espazo contiguo, “e da que xa está encargado o proxecto para poder executar as obras neste mesmo ano”. Esta remodelación dos laboratorios deste hospital proporciona diversas vantaxes, entre as que citou as melloras na seguridade e condicións ambientais de traballo para o persoal; a optimización dos procesos e fluxos de traballo; e, ademais, a incorporación de novas tecnoloxías, como é a xestión robotizada das mostras, proporcionando unha maior seguridade para os pacientes.
43