Esta actividade está centrada en informar e dinamizar medioambiental e socialmente o Camiño Portugués. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu aos participantes desta actividade e acompañounos durante as distintas actividades realizadas e subliñando a importancia destas iniciativas dedicadas a protexer o medio ambiente.
Nesta actividade participan un grupo 12 persoas, que actualmente atópanse en Pontevedra pero que continuarán as súas próximas actividades en Caldas de Reis, Padrón rematando na cidade compostelá. En Botarse ó Camiño realízanse diferentes actividades como o plogging, unha innovadora modalidade deportiva de orixe nórdico que mestura o running coa recollida de lixo do medio natural. Ademais, prestan apoio aos peregrinos para informarlles de calquera dúbida do camiño. Neste senso, tamén están a elaborar informe con distintas propostas de mellora para a conservación do Camiño.