En marcha o proceso para as eleccións ao Parlamento de Galicia

1 minutes read

O Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, vén de sacar a concurso diversos contratos para a organización dos comicios que suman uns 3 millóns de euros, ao que hai que sumar o IVE, cuns prazos de execución que nada aclaran sobre a data de celebración dos mesmos, que queda en mans do presidente. A pasada semana, ao tempo que lanzaba a precampaña cun vídeo de Nadal do PP, o propio Feijóo aseguraba nunha entrevista divulgada na web da axencia Europa Press, que “neste momento” ten a intención de esgotar o mandato. Cabe destacar que para os comicios de setembro de 2016 os concursos públicos lanzáronse apenas tres meses antes, no mes de xuño.