- A Asociación Vieiro ofertou gratuitamente este programa a todos os centros de educación primaria de Carballo.
Desde o pasado día 18 de outubro a Asociación Vieiro dentro do Programa de Prevención Escolar iniciou nos C.E.I. P.S do concello de Carballo: A Cristina, San Luís Romero e Nétoma-Razo, o programa de habilidades sociais: “Creando Saúde” destinado a alumnos e alumnas entre 10 e 11 anos comprendidos nos cursos 5º e 6º de Educación Primaria que se divide en tres bloques:
No Bloque 1: Constrúe. Consta de 4 sesións sobre habilidades persoais e sociais; ten como obxectivo fundamental proporcionar aos alumnos e alumnas as habilidades necesarias para que poidan desenvolver a súa vida diaria.
No Bloque 2: Ti elixes. No que traballan dúas sesións nas que se pretende facilitar información sobre as diferentes substancias adictivas, ás que os nenos e nenas poden ter acceso.
No Bloque 3: Des-conecta. Con tres sesións que teñen como finalidade, a de dotar de coñecementos básicos para a utilización das novas tecnoloxías dunha forma saudable e responsable.
O programa “Creando Saúde “lévase a cabo durante o primeiro trimestre do curso escolar 2020-2021. As sesións teñen unha periodicidade semanal e unha duración de cincuenta e cinco minutos cada unha. Este programa esta impartido por técnicos de Vieiro, neste caso será impartido por Dalila Biscaíño Regueira (Pedagoga) e Patricia Rodríguez Villar (psicóloga).
Vieiro agradece a «excelente disposición dos centros de educación primaria que participan, así como todas as facilidades dadas polos equipos directivos e profesorado para poder levar a cabo este programa», máis aínda nestes momentos complexos para todos.