O venres 8 de setembro daba comezo o programa XUVENTUDE CON TALENTO que levan a cabo os Concellos de Camariñas, Muxía e Vimianzo e está subvencionado pola Consellería de Política Social e Xuventude e polo Fondo Social Europeo. Un programa que está destinado a mocidade inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Este proxecto pretende reforzar a empregabilidade, as habilidades e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.
As personas participantes son 15 mozas e mozos que realizaran estadías (prácticas non laborais) nas administracións locais de Camariñas, Muxía e Vimianzo, en tres sectores estratéxicos: Tecnoloxías da información e comunicación, Calidade de vida e benestar e Téxtil/moda-artesanía.
Ademais o programa conta con actividades complementarias como un programa formativo enfocado na mellora da empregabilidade e a identificación de ideas emprendedoras, Mentoring, visitas a empresas, orientación personalizada e accións de networking.
A primeira accións formativa serviu como carta de presentación para o alumnado así como para o fomento da creación de grupo, fundamental para o bo desenvolvemento do programa.
A temática traballada na primeira sesión formativa foi o desenvolvemento das habilidades sociolaborais e a marca persoal como forma de xerar mais e mellores oportunidades de emprego. O programa incorpora a orientación laboral do alumnado dende unha perspectiva innovadora, xerando novas formas de actuación e proporcionando estratexias para desenvolver ao longo de todo este proceso a creación da Marca Persoal.
Trabállase non so poñendo o foco de atención no nivel de empregabilidade das persoas participantes, senón tamén traballando dende a súa propia realidade e situando no centro de atención a propia persoa e aos recursos cos que conta (entendidos como atributos persoais, capacidades, competencias, actitudes, aptitudes…) para sacar o máximo rendemento as súas capacidades enfocadas cara un obxectivo profesional concreto nun contexto determinado.
A segunda sesión formativa estivo enfocada cara a coñecer os Recursos e ferramentas para a busca de emprego así como na identificación das técnicas necesarias para elo, e a creación dunha estratexia individualizada que lles permita alcanzar os obxectivos de empregabilidade de cada alumno e alumna.
Xunto coas accións formativas que se desenvolverán o longo de todo o programa tamén realizaranse diferentes eventos de networking e visitas a empresas da contorna onde o alumnado terá a oportunidade de ter contacto e de coñecer as realidades do tecido empresarial de primeira man.
O programa XUVENTUDE CON TALENTO, transcorrera o longo dos meses de setembro, outubro e rematará o 15 de novembro cunha acto de peche e as prácticas non laborais se realizan nas administracións públicas dos concellos participantes.