En marcha o proxecto de mellora da rede viaria en varias parroquias da Laracha


As parroquias de Erboedo, Coiro, Lestón e Montemaior están a ser obxecto dun proxecto de mellora da rede viaria.
Os traballos céntranse actualmente en Erboedo. Nesa parroquia a actuación de maior entidade localízase en Vilarmaior, onde a ampliación da plataforma da calzada implica a construción dunha escollera dunha lonxitude superior aos sesenta metros. Tamén se están a mellorar tanto a capa de rodadura como a rede de pluviais en O Vilar.
Nas outras tres parroquias as intervencións consisten na renovación do pavimento en varias vías de titularidade municipal, en concreto nos accesos a Longra (Coiro), en A Porta Santa (Lestón), en A Fieira e en Cumiáns (ambas en Montemaior).
O investimento total supera os 131.000 euros. Especialmente ao longo do verán, por tratarse dos meses do ano coas condicións climatolóxicas máis óptimas para desenvolver deste tipo de traballos, o Concello executa proxectos de mellora da rede viaria localizados principalmente en estradas de núcleos rurais.