En marcha o reparto de mascarillas homologadas entre a veciñanza de Muxía

Reparto mascarillas Muxía_Cedida

  • Farase entrega dun sobre con dúas mascarillas e luvas de protección, ademais dun directorio de números telefónicos

Este venres o Concello de Muxía comezou a efectuar o reparto porta a porta de mascarillas homologadas para toda a veciñanza do municipio, intensificando os labores desde primeira hora da tarde.

Cumplindo con todas as medidas de seguridade que demandan as entidades competentes en materia sanitaria, farase entrega dun sobre con dúas mascarillas, hermeticamente pechadas, e irán acompañadas de luvas de protección, un directorio de números telefónicos e unha carta de apoio a todos os veciños.

O reparto deste material de protección realizouse en Muxía de feito progresivo e a medida que se contou cos pedidos realizados pola administración muxiá. Así, comezouse polo tecido comercial que está a desempeñar a súa actividade nestes momentos, e tamén polos colectivos de persoas en maior risco de vulnerabilidade.

O alcalde, Iago Toba, insistiu que “continuamos traballando para achegar material de protección a todas as veciñas e veciños de Muxía, de maneira progresiva. Fixémolo en canto nos foron entregados os pedidos, que estaban xestionados desde hai varias semanas pero debido á demanda existente no mercado, non foi viable a súa entrega”, comenta o primeiro edil.

Related posts

Mar de Fábula coordinou a recollida de 1.370 quilos de lixo mariño na praia do Lago en Camariñas

A Fundación Brandomil reúnese cos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para planificar intervencións

O Programa Integrado de Emprego da Laracha forma a 20 persoas en xestión socioeducativa do comedor escolar