En marcha o Talentia Summit 2019, o maior cume de emprego e talento en Santiago

santiagodecompostela.gal

  • No Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia celebrarase a Feira Aberta, na que haberá máis de 60 empresas con stand e máis de 150 ofertas de emprego

Este luns, Santiago de Compostela acolleu a apertura do Talentia Summit´19, un evento que busca consolidarse como un referente a nivel galego respecto da xestión e o desenvolvemento do talento e o emprego.

Antes da apertura, ás 18.00 horas no Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo varios encontros cos ponentes. Pola mañá o rexedor reuniuse con Jaime de Nardiz, director de diagnóstico cultural de Great Place to Work, que pola tarde falou sobre a «Competencia universal polo talento, tendencias presentes e futuras para a xestión de persoas». Bugallo tamén mantivo unha xuntanza con Miguel Ángel Ruiz, Brand Strategy & Innovation Senior Manager de Samsung España, cuxa ponencia vespertina versará sobre «a misión dunha compañía tecnolóxica líder nun mundo cada vez máis disruptivo, global e dixital».

Xa pola tarde, antes do comezo do Foro Talentia, o alcalde e a directora da Fundación Banco Sabadell tiveron a ocasión de departir sobre asuntos de interese para ambas institucións.

Este martes e mércores tamén terá lugar a Feira aberta e actividades para a potenciación do talento e o emprego no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Haberá máis de 60 empresas con stand, máis de 150 ofertas de emprego, e 660 prazas ofertadas en accións formativas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha