En marcha os campamentos de verán no concello de Camariñas con 166 participantes

Cedida

  • Por primeira vez terán lugar en tres sedes: Camariñas, Ponte do Porto e Camelle

Este luns arrincaron na localidade de Camariñas os campamentos de verán e cun total de 166 rapaces e rapazas inscritos. A novidade deste ano é que as actividades tamén terán lugar na Ponte do Porto e en Camelle, ademais da capital municipal.

Entre as actividades acuáticas e o obradoiro de tempo libre hai 103 inscritos en Camariñas, 31 na Ponte do Porto e 32 en Camelle. Hai programadas catro quendas: do 4 ao 15 de xullo, do 19 ao 2 de agosto, do 3 ao 17 de agosto e do 18 ao 31 de agosto.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Ínsua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes, deron a benvida a todos os participantes destes campamentos que ofrecen unha alternativa de ocio e conciliación á mocidade e ás súas familias, «moi necesaria nesta época estival», sinalou a rexedora.