En marcha os obradoiros infantís de nadal na Laracha


Comezaron a desenvolverse os obradoiros infantís do programa municipal de actividades de Nadal da Laracha. 23 nenos de educación infantil participaron no obradoiro de elaboración de cupcakes e galletas de Nadal celebrado nunha das aulas da Casa da Cultura e que tivo unha duración de dúas horas.
Estas iniciativas son postas en marcha polo Concello da Laracha para ofrecer unha actividade divertida e educativa para os nenos ao mesmo tempo que se facilita a conciliación da vida persoal e laboral dos seus pais durante as vacacións de Nadal nos centros educativos.
Os obradoiros de cupcakes e galletas volverán realizarse os días 2 e 3 de xaneiro na Casa da Cultura en horario de 11:30 a 13:30 horas, dirixidos en ambos casos a nenos que sexan estudantes de primaria. Están cubertas as vinte e cinco prazas no do xoves día 2 de xaneiro e aínda quedan dispoñibles no do venres día 3. A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse no Concello.