En marcha un convenio para analizar e impulsar as fusións municipais

Oza-Cesuras.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou un convenio coa Fundación Juana de Vega para a realización dun estudo no que se analicen as fusións municipais levadas a cabo en Galicia, ademais de impulsar novos procesos.
O acordo materializouse no centro sociocultural de Cerdedo-Cotobade, unha infraestrutura que se beneficiou das achegas que o
Galicia foi pioneira no impulso das fusións municipais ao entender que, coa dispersión da poboación, os concellos pequenos cada vez teñen máis dificultades para xestionar e financiar os servizos que a súa veciñanza precisa, de aí que a Administración autonómica premie nas súas convocatorias de axudas públicas aquelas que cheguen de mancomunidades o entidades asociadas.
En Galicia fusionáronse nos últimos anos catro concellos: Oza e Cesuras no 2013 e Cerdedo e Cotobade no 2017. Pasados catro anos do proceso máis recente, a Xunta considera chegado o momento de analizar os resultados e as vantaxes para os cidadáns dos concellos fusionados, que ademais de beneficiarse das partidas destinadas ao fondo especial de fusións -que ascenderon a máis de 10,5 millóns de euros no período 2016-2021-, recibiron a práctica totalidade das axudas convocadas para as entidades locais que comparten servizos públicos.
O traballo da Fundación Juana se Vega, que conta cun equipo especializado na caracterización socioeconómica e demográfica dos concellos de Galicia, pretende tamén seguir promovendo a unión de concellos, un proceso que xa está a ser imitado noutras comunidades autónomas. A Xunta, por outra banda, seguirá favorecendo os procesos de fusións con axudas aos concellos que, de maneira voluntaria, opten por esa figura administrativa. De feito, nos proxecto dos Orzamentos para o 2022 figura a tal fin unha partida de 1,5 millóns de euros.