En marcha unha campaña de Tráfico para controlar o uso do cinto

Cedida.

A campaña de control da DXT prolongarase toda a semana para evitar que se repitan as cifras do ano pasado, cando un 21% dos falecidos nun accidente de tráfico non levaba o cinto de seguridade posto. Tamén se revisarán os sistemas de retención infantil, que deben corresponderse coa idade, estatura e peso dos nenos. Pese a súa eficacia, o ano pasado a DXT sancionou en Galicia a 6.500 persoas por non levalo posto, algo difícil de entender tendo en conta que está demostrado que nun accidente o cinto é o noso salvavidas.