En marcha unha nova campaña de trampeo da velutina en Zas

0 minutes read

A campaña arrincou coa colocación de trampas naqueles puntos máis sensibles como poden ser zonas de árbores con flor, froiteiras, regatos, lugares nos que hai colmeas. Nos próximos días retiraranse estas trampas e substituiránse por outras novas. Todos os artiluxios están numerados e etiquetados co logo do Concello de Zas co fin de que sexan facilmente recoñecibles. Este é o terceiro ano consecutivo que o Concello de Zas loita por iniciativa propia contra esta praga que afecta a toda Galicia. As persoas que localicen algún niño pode avisar para a súa retirada a través do número de teléfono 112.