A edición XXVIII do Ciclo de Teatro en Ponteceso deu comezo no Edificio das Escolas coa obra “Feminíssimas” da Compañía de Ste Xeito Producións. Arrinca así o ciclo que encherá este mes de novembro de teatro a localidade. A próxima función será o vindeiro venres, 13 de novembro ás 22:30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas, coa obra “Mofa e Befa: Dúas pedras no camiño” da Compañía Producións Teatrais Excéntricas. Un espectáculo antolóxico das pezas míticas que se manteñen na memoria do público. A comedia “Dúas pedras no camiño” xoga, en palabras da propia compañía, coas alusións á música popular e a súa filosofía, que nos lembra que unha pedra no camiño pode ser algo que nos ensine ou nos transforme. Para asistir á representación é preciso reservar as entradas contactando co Departamento de Cultura do Concello de Ponteceso (630 907 124) na mesma semana en que se representará o espectáculo, neste caso a partir do luns 08 de novembro, ou unha hora antes da función.
38
