MeteoEscolas é un dos programas recollidos no Plan Proxecta+, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Universidades na que colaboran diferentes organismos e está pensada para fomentar a innovación educativa nos centros, así como potenciar o traballo cooperativo, interdisciplinar e competencial. Na edición 2021-2022 participan, en concreto, un total de 384 profesores e 6.309 alumnos de 40 centros de ensino —23 da provincia de Pontevedra, 10 da provincia da Coruña, 5 da de Lugo e 2 da de Ourense—. Deste total, 12 centros súmanse por primeira vez a esta iniciativa educativa, polo que nesta xornada tamén se lles fixo entrega do equipamento para medir variables meteorolóxicas, como un pluviómetro e un termómetro de máxima y mínima por centro.
O persoal de MeteoGalicia ofreceu unha charla informativa para o profesorado co fin de trasladar, ademais do obxectivos xerais do programa, a metodoloxía de traballo, que consiste na observación meteorolóxica e a inserción de datos en plataformas meteorolóxicas. Estas tarefa, a base do proxecto, está acompañada por outras iniciativas que propoñen os centros relacionadas coa materia, con posibilidade de abarcar as distintas áreas de coñecemento.