En marcha unha nova liña de axudas para a aceleración das artes escénicas galegas

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia publicou as bases dunha nova liña de subvencións a través da que se inxectarán 336.000 euros na aceleración cultural das artes escénicas galegas. O obxectivo desta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, é impulsar a profesionalización empresarial do sector a través de proxectos que doten as entidades subvencionadas das ferramentas necesarias para mellorar as súas habilidades emprendedoras e financeiras no marco das industrias culturais.

O prazo de solicitude destas axudas permanecerá aberto desde mañá e ata o 29 do vindeiro mes de xuño para pemes, microempresas ou persoas traballadoras autónomas que desenvolvan a súa actividade habitual en Galicia nos ámbitos do teatro, danza, novo circo e maxia. Establécese unha achega máxima de 42.000 euros por proxecto, que pode supoñer ata o 80 % do orzamento subvencionable, de xeito que poderán beneficiarse desta convocatoria ata 10 iniciativas.  

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?