En marcha unha oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas

1 minutes read

Trátase dun recurso autonómico innovador para facilitar a integración no proceso de retorno das persoas galegas. Un punto de atención presencial móbil coa finalidade de prestar un servizo de información e asesoramento para as persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias, co obxecto de responder as demandas e necesidades derivadas do retorno.

Durante os vindeiros meses, a Oficina Móbil de Atención ás Persoas Emigrantes Retornadas percorrerá os concellos de Galicia, estendendo o seu alcance a cada rincón da comunidade. Este esforzo permitirá achegar os servizos e apoios necesarios para unha integración efectiva dos emigrantes retornados, abarcando as vilas do rural galego e a súa zona de influencia. Os diferentes concellos de Galicia recibirán a visita desta oficina itinerante, asegurando que ninguén quede sen acceso ás ferramentas e recursos necesarios para facilitar o seu retorno a Galicia.