En marcha unha orde de axudas a concellos que apoiaran no 2022 a familias ucraínas

0 minutes read

O Goberno galego destina máis de 780.000 euros nesta liña de subvencións que publicou o Diario Oficial de Galicia (DOG). Por iso, todas as administracións locais interesadas teñen un mes para solicitar esta achega que subvenciona gastos xustificados de cobertura de necesidades básicas, alugueres de inmobles ou custos de persoas contratadas, entre outras cuestións. Esta nova orde posta en marcha pola Administración autonómica ten por obxectivo apoiar aos Concellos galegos que mostraron a súa solidariedade cos refuxiados ucraínos que chegaron a Galicia o ano pasado.