En Marea, CxG e o Partido Galeguista forman coalición para o 12-X

Foto.- jvp

En Marea, Compromiso por Galicia e o Partido Galeguista pecharon a súa coalición, á que tamén se suman mareas municipalistas, e presentan publicamente esta alianza, que eleva a catro as coalicións que concorrerán, polo menos, nas eleccións do próximo 12 de xullo en Galicia.

O prazo para a presentación de coalicións finalizaba este venres 29 de maio co panorama máis despexado que para o 5 de abril horas antes da medianoite. Rexistráronse como coalicións Galicia en Común- Anova Mareas; Espazo Común, a formación impulsada polo que fora secretario xeral do PSdeG Manuel ‘Pachi’ Vázquez, xunto a Recortes Cero e Os Verdes; e Unidos polo futuro!, xunto á mencionada plataforma galeguista.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha