En Marea iniciará progresivamente a súa disolución

 En Marea decidiu iniciar o seu proceso de disolución en Galicia. Non se disolverá de xeito inmediato e ofrece apoio para a creacion dun novo espazo galeguista. O partido creado en 2016 para agrupar as forzas da denominada esquerda rupturista constatou este sábado o esgotamento do seu proxecto logo de que nos últimos anos foran caendo moitos dos seus principais actores. A este punto chegan tralo fracaso colleitado nas eleccións autonómicas, na que a coalición na que participaba, Marea Galeguista, tan só obtivese o 0,22 por cento dos votos.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha