En Marea non se presentará ás eleccións

En Marea, cuxos deputados acabaron integrando o Grupo Mixto e que estivo liderada por Luís Villares ata o de agora, non se presentará ás eleccións tras o anuncio do maxistrado en excedencia, esta mesma semana, de retirarse da política. A formación, que se constituíu en partido nas eleccións do 2016 e que foi a marca que unificou tamén aos candidatos de Podemos, Esquerda Unida e Anova nos pasados comicios, bórrase da contenda electoral despois de que, ademais, non fose posible impulsar unha candidatura ampla con forzas progresistas e soberanistas como propoñía Villares.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha