En Marea propón para o 10-N unha candidatura única de «forzas progresistas galegas»

0 minutes read

En Marea presentarase ás vindeiras eleccións xerais do mes de novembro. Así o decidiu este sábado o consello das mareas, que tamén fará un chamamento a todas as forzas políticas e sociais galegas para formar unha ampla alianza política galega, progresista e responsable que facilite un goberno de esquerdas. Tralos resultados colleitados nas últimas xerais, con pouco máis de 17 mil votos, había partidarios de non concorrer aos comicios do 10 de novembro, pero finalmente En Marea si que se vai a presentar.