En mente un «PLan de desenvolvemento da Costa da Morte» tras a pandemia

1 minutes read

O alcalde de Zas, Manuel Muiño, solicita a colaboración de todos e todas os empresarios/as, e autónomos/as do Concello de Zas, para cubrir unha enquisa que se está realizando para a elaboración do documento  «PLan de Reconstrución e desenvolvemento da Costa da Morte», por parte dos distintos AEDLs da Costa da Morte, para coñecer a situación real na que se atopan nestes momentos en relación as consecuencias socioeconómicas do COVID 19. Esta enquisa é anónima e curta, pero necesaria para ter unha fotografía real da situación na que estamos inmersos. Os empresarios e autónomos que queiran participar, poden solicitala a través da páxina de facebook do Concello de Zas, por correo electrónico  ao seguinte enderezo emprego@concellodezas.org, ou ben chamando ao teléfono do concello. 981708303 e facilitando o seu teléfono  e enviaráselle a través de whatsapp.