En prazo a presentación de ofertas para a concesión de postos do Mercado carballés 


Dende este pasado mércores e ata o día 24 deste mes está aberto o prazo para que as persoas interesadas poidan optar á concesión administrativa de 27 dos 31 postos do Mercado Municipal de Abastos. A adxudicación realizarase por concurso, e na valoración teranse en conta a oferta económica e o proxecto de explotación da actividade económica a desenvolver. Ademais dos postos de venda, tamén se inclúen unha cámara de frío para carnizaría e catro almacéns. Os pregos de condicións administrativas e técnicas están publicados no perfil do contratante do Concello de Carballo. Con este procedemento abrirase a posibilidade de incorporar ao Mercado Municipal de Abastos novos negocios que contribúan a dinamizalo, ao tempo que os/as praceiros/as cuxas concesións xa caducaron poderán optar a un novo contrato.