A conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana, anunciou que Portos de Galicia vén de iniciar o procedemento de licitación das obras de mellora de pantaláns en oito peiraos da provincia da Coruña. Con este trámite, explicou a representante do Executivo galego, queda aberto o prazo de presentación de ofertas para os licitadores, que poden acceder ás bases do procedemento na plataforma Contratos de Galicia. Entre eses peiraos figuran o de Corme, Fisterra e Corcubión. As obras consistirán na reforma integral dos pantaláns e estruturas aboiantes das citadas dársenas, co obxectivo de facer fronte ás deficiencias provocadas polo seu uso, e a súa contratación realízase nun lote único agrupado. Tal como figura nas bases do concurso no perfil do contratante, o prazo de presentación de ofertas por parte dos licitadores permanecerá aberto ata o vindeiro 4 de agosto.
43