A Deputación da Coruña manterá aberto ata as 14 horas do próximo 19 de febreiro o prazo de presentación de solicitudes ás axudas que destina en 2022 para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo dos concellos e agrupacións de municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes. A institución provincial inviste este ano 800.000, cun mínimo de 10.000 e un máximo 20.000 € por beneficiario.
Desde 2017, a liña de subvencións da Deputación para a contratación de persoal especialista en turismo dálle traballo no ámbito territorial da provincia a 53 persoas e tamén servizo a un total de 62 entidades municipais.
As solicitudes deberán presentaranse, de xeito telemático, na sede electrónica da Deputación da Coruña, a través da plataforma de subvencións da Deputación (SUBtel).