En prazo a solicitude de axudas para a posta en marcha dos obradoiros duais de emprego

As entidades promotoras dos obradoiros duais de emprego -concellos, mancomunidades e colectivos sen ánimo de lucro- poden solicitar ata o próximo 8 de abril as axudas para o desenvolvemento destes programas que ofrecen ás persoas desempregadas formación e un contrato de traballo. Así o vén de explicar a directora xeral de Formación e Colocación, Zeltia Lado, quen apuntou que a Xunta destina este ano 42,1 millóns de euros a esta actuación, un 23% máis que na anterior convocatoria. Así, estima que entre 2022 e 2023 unhas 1.600 persoas sen emprego melloren a súa cualificación, ao tempo que acceden a un traballo, a través do desenvolvemento de máis de 80 talleres.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha