O prazo de solicitudes estará aberto ata o 19 de setembro deste ano. Con esto preténdese mellorar a empregabilidade das persoas traballadoras desempregadas a través da adquisición da experiencia profesional; fomentando, ao mesmo tempo, a súa inclusión no sector dos servizos sociais, un dos eixos creadores de emprego.
As entidades beneficiarias, todas elas inscritas no correspondente rexistro como “iniciativa social”, deben garantir a contratación a tempo completo durante nove meses das persoas desempregadas. Estimase que cada unha das entidades que resulten beneficiarias na presente convocatoria percibirá un importe medio de 50.898 euros, 16.441 euros por persoa traballadora contratada.
Os cartos concedidos permitirán cubrir os gastos salariais e de Seguridade Social das persoas contratadas e irán dos 1.488€ por mes/persoa ata os 2.710€ mes/persoa en función do seu grupo de cotización.