En prazo as axudas a proxectos de fotovoltaica en empresas, concellos e entidades sen ánimo de lucro


Os interesados teñen de prazo ata o 1 de decembro deste ano para solicitar estas axudas ou ata que se esgote o crédito xa que é de concorrencia non competitiva. Contan cun orzamento de 4,5M€ cofinanciadas con fondos europeos e coa que se prevé impulsar ao redor de 300 iniciativas, o que contribuirá a seguir fomentando o autoconsumo en Galicia. Neste sentido, a convocatoria contempla unha intensidade do 80% para as entidades locais e sen ánimo de lucro, dun 30% para as pequenas empresas, do 25% para as medianas e do 20% para grandes compañías. A axuda máxima será de 40.000 euros no caso de autónomos, empresas e concellos e de 25.000 para as entidades sen ánimo de lucro.
Esta nova convocatoria permitirá aos beneficiarios unha redución dos custos enerxéticos, contribuíndo ao impulso da competitividade, pero tamén á reactivación económica e á creación de emprego, ademais de favorecer a mellora ambiental que repercute na calidade de vida das persoas.